Logopedia


Dende o servizo de logopedia ofrecemos unha ampla experiencia en trastornos da comunicación e funcións orofaciais, como o fala, a succión, mastigación ou a deglutición. Estas funcións poden estar alteradas no desenvolvemento, por problemas orgánicos, tumorales ou neurolóxicos.


Intervención na infancia:

  • Alteracións miofuncionais: fisura labiopalatina, frenillo lingual, padal oxival, hiper ou hipotonía, empuxe lingual, respiración oral, eliminación de malos hábitos orais, parálise facial, disfaxia...

  • Alteracións na lectura e escritura: dislexia, atraso na lectura ou na escritura, estimulación lectora, disgrafía, disortrografía...

  • Alteracións da fala: Trastornos dos sonidos da fala, alteracións fonéticas ou fonolóxicas, disfasias, dislalias, difemia (tartamudeo)

  • Alteracións na linguaxe: Trastorno do desenvolvemento da linguaxe (TDL), mutismo infantil, retraso evolutivo...

  • Alteracións da voz: afonías, disfonías orgánicas, disfonías funcionais, laringectomías…

  • Alteracións na audición: hipoacusia, implante coclear, lectura labial, lingua de signos española

  • Diagnósticos neurolóxicos: Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)


Intervención en adultos:

  • Alteracións na linguaxe: afasias, disartrias, disfasia...

  • Alteracións miofuncionais: alteracións na deglutición ou masticación, hiper ou hipotonía nos musculos faciais, empuxe lingual, respiración oral, eliminación de malos hábitos orais, parálise facial, disfaxia, disartría…

  • Alteracións da voz: afonías, disfonías orgánicas, disfonías funcionais, laringectomías…

  • Alteracións do ritmo e da fluencia: Disfemia (tartamudez)…

  • Diagnósticos neurolóxicos ou alteracións secundarias a enfermidades neurolóxicas: Alzehimer, Demencias, Parkinson, E.L.A, Enfermidade de Huntington, dificultades nos elementos non verbais da comunicación e contacto ocular, xestualidade, entoación…

  • Estética Facial: Disminución das arrugas de expresión e mantemento das funcións orofaciais


Intervención na mastigación e deglución:

  • Alimentación e deglución: problemas de restricción alimentaria, deglución atípica, alteracións na mastigación ...

  • Logopedia centrada en neonatoloxía: asesoría en lactación, valoración do frenillo lingual, succión en lactación materna e artificial, nutrición enteral por sonda.

logopedia infantil
afasia